Pega no livro

Clubes de leitura da Galiza com algum livro em português

As voces baixas (Manuel Rivas)

Imagem

 

Comentario sobre AS VOCES BAIXAS de Manuel Rivas

(Leitura do clube Lendo  lendas)

– Por que este título?
A resposta está nunha peza teatral, cumio do teatro do absurdo , EN ATTENDANT GODOT de Samuel Beckett, cando nun momento dado, Vladimir e Estragon oen as “voces baixas” dos mortos
– Trátase dunha novela?
Non. É como o documental dunha época, a autobiografía do autor enmarcando o retrato dun tempo de cambios profundos na sociedade galega  ( e non só)  nun período que abarca desde a década dos 60 ata finais do século XX.
– Tensión dramática?
Non claramente ata o capítulo final. Algo se podía sospeitar, quen quixera podería ir lendo entre liñas, pero sen chegar ao desenlace que nos agardaba no remate do libro. Tanto amor, tanta presenza da irmá na vida do autor, tanta complicidade, algo ían anunciando. Os primeiros medos, os primeiros posicionamentos antifranquistas, a mesma paixón polas palabras, os segredos magoados partillados só por eles os dous. Fondo dramatismo aumentado polo factor sorpresa
– Humor
Chispas humorísticas salpicando todos os capítulos agás o último. Flashes de humor e simbolismo. Como exemplo, o primeiro estremecemento nos ollos de dous meniños atemorizados pola presenza, máis aló do cristal da fiestra, dos cabezudos que representaban os Reis Católicos.
– Retrato en sepia dun tempo pasado cercano no tempo
É un documento cheo de tenrura , amor e realismo . Deixa claro como con talento e esforzo, uns rapaces humildes , fillos dun tempo de estreituras nunha familia obreira, son quen de chegar á Universidade, reduto ata  entón reservado maioritariamente ás clases privilexiadas.
Alusións claras a persoeiros que por distintos motivos, destacaron en algún eido, maiormente na loita de clases e na conquista de dereitos pola clase obreira : Moncho Reboiras, Carlos o Xestal, Voces Ceibes, os dous manifestantes mortos dos asteleiros ferroláns en Marzo de 1972.
Feitos internacionais que marcaron a historia e foron portada da prensa da época, fitos na historia recente: o golpe de Estado para derrocar a Allende en Chile EN 1973, a Revoluçao dos Cravos no Portugal de 1974, a Teoloxía da Liberación.
Toca o tema da emigración na figura paterna, o afán de saber dunha nai leiteira na Coruña de finais dos 50, na urbanización dunha sociedade en cambio , a irrupción do coche como medio de transporte imparable desde entón ( o 600 do tío , a Lambretta do pai).
As súas incursións no xornalismo, como “meritorio ” en EL IDEAL GALLEGO, o seu salto a Madrid, revistas da transición como CAMBIO 16 ou TEIMA.

Para rematar, dicir que se trata dun retrato amplo e en detalle dun tempo e dunha sociedade que nos identifica e nos fai revivir momentos inesquecibles ás persoas da xeración do autor.

 

Anúncios

Autor: peganolivro

Clubes de leitura da Galiza com algum livro em português

Os comentários estão desativados.