Pega no livro

Clubes de leitura da Galiza com algum livro em português


Microbios e outros paquidermos

Orixinalidade premeditada, máis ben forzada, para “épater le bourgeois”. Surrealismo á carta. Modernidade forzada.

Se comparamos esta forma de escribir coas Artes Plásticas sería coma unha manda de obxectos, sen relación aparente entre si, ciscados nunha sala núa de calquera outro obxecto para así destacaren estes en por si. Xuntos alí por pura casualidade.

Guiños constantes ao mundo cultural do aquí e do agora: isto, evidentemente, non é malo.
A sensación que me queda é que, aínda recoñecendo que alguén o ten que facer primeiro, resulta que me parece que calquera o podería facer: está claro que o autor do libro adiantouse. O que quero dicir é que non ten ningunha dificultade, polo menos aparente, fiar uns capítulos con outros, se é que se poden chamar así.

Non sería un libro que eu recomendase, non me aporta nada.

Comentario: Lendo lendas.