Pega no livro

Clubes de leitura da Galiza com algum livro em português


EN VÍAS DE EXTINCIÓN – María Reimóndez

enviasdeextincion
A obra xira en torno a 4 eixes:
– a Natureza, ou o que é o mesmo no caso que nos ocupa , A ECOLOXÍA
– a Lingua do país
– o mundo Feminino, COMO POSICIONAMENTO E COMO SENTIMENTO
– o Nacionalismo

E envolvéndoo todo , O AMOR : un amor envolvente no que se mestura o profundo dos sentimentos cara á nai, ós achegados ,ós animais, á terra.
Coa Terra hai unha identificación total ata o punto de a protagonista adoptar o nome de GAIA remprazando o de Mariña.
A LIBERDADE é tamén unha constante: a nai faille sentir desde pequena que ninguén é dono de ninguén. Liberdade tamén para os animais: as vacas teñen que estar ceibas;
se non o están , ela mesma lles abre as cancelas.  En liberdade tamén cabras , ovellas , becerros , cans:
O can mesmo chega a adoptar certas características humanas: Risco chámase así polo nome do escritor e o seu comportamento suple en moitas ocasións a compañía da persoa ausente.

Con respecto ó amor cara ós animais do que falaba antes , hai que lembrar cando Mariña salva un can dunha morte segura por parte do amo, o episodio dos xabarís, a maneira de alimentar ós becerriños  con cousas da casa e da horta: patacas, fariña, verdura , e o leite da vaca. Sentimento de profundo respecto por estes seres  formando parte da terra , os domésticos si , pero tamén os salvaxes.
Roxo e Risco son uns personaxes máis da novela , á mesma altura que calquera ser humano. Non comprende tampouco o sentimento de autoridade entre seres humanos , igual que a nai , cando non acepta a presenza de ningún médico na súa doenza.

En canto ó Galego posiciónase claramente , mesmo chegando ó esaxero: “o 98% en Galiza , fálao e o que non o fai , son animais”: Critica o castrapo, sábelle mal cando en Madrid lle din “galleguiña” polo acento: ” TU PUTA MADRE”
O amor pola natureza lévaa a plantar castiñeiros , mesmo ás agachadas: Amor fondo ó recuncho da montaña luguesa que a veu nacer: Gusta dos espazos naturais:  A Madroa, as Cíes , o monte onde se ubica o CUVI. Ese amor lévaa a ir durmir unha noite ó  monte da súa aldea co can , para detectar os pirómanos.

Tan fonda é a comuñón coa terra que a leva a enterrar a súa nai coma un elemento máis da natureza , do entorno, na eira onde sempre vivira: é un sentimento compartido tamén con ela , o mesmo que anticlericalismo, a soidade buscada , o mimetismo co monte , co toxo , cos carballos. ” Todo está ó servizo da terra: os nosos corpos”.

Desde nena experimenta un profundo sentimento feminista: non admite o rol de nena submisa e non quere nin permite que os nenos a dominen na escola , nin pola forza: sempre preferiu a compañía das mulleres e das persoas máis vellas.

Ten un sentido panteísta do mundo, un sentimento do sagrado que hai na natureza,  , un cosmopolitismo que a leva a amar por enriba de todo o galego sen desprezar por iso o inglés de Escocia, un amar Galicia  e desde aí , toda a terra.
Déixanos ver o aquí e o agora do relato con nomes de lugares e coordenadas temporais ( 1975 , ano do seu nacemento)  que non deixan dúbida á época e ó lugar : fala do Youtube, do apalpador ” invento do Bloque para revivir a pederastia”, da Nacional VI, da autovía  “fenda irreparable na montaña”, a lingua é da zona oriental de Galicia   -ois, mao, cheguén, mai,tu, camín , furén, estón, paxarín, dirén, ben sen.
Critica como o FORO DA FAMILIA  ve as relacións homosexuais , sobre todo as femininas.
Nomea o Dicionario Xerais, o xornal EL PAÍS, a TVG, a CdC, , Nucha e Mucha, o FARO DE VIGO, GB, Toralla, Samil, SKYPE,  as becas ERASMUS,  Cangas, Ons , Bueu,  Santiago, o chapapote do PRESTIGE, Baiona, TWITER, FACEBOOK, Uxía e os Cantos da Maré,

—  A estrutura: xeito de narrar moderno , con saltos no tempo, cara atrás  que nos obrigan a un esforzo por situar tempos, cousas, persoas.
Novidoso o das VETAS, CERNAS, PRADAIROS, CASTIÑEIROS, ACIVROS, CARBALLOS, UCES.
Poesías de Rosalía e de poetas anglófonos. Coincidencia de datas, 17 de Maio entre o DÍA DAS LETRAS e o nacemento de Mariña
Narrativa ben enxergada, prosa fortemente ideoloxizada, que pode mesmo chegar a ser incendiaria e mesmo claramente panfletaria en momentos moi puntuais.
Lectura amena e enriquecedora.
Recomendable sen dúbida para os que amamos todos ou a maioría dos eixes enriba citados  aínda que  “non apta” precisamente para os que están no punto de mira das súas setas críticas, dereitas a dar leña.

(Lectura no clube Lendo lendas)


Fugaz Coincidencia, de Xosé Estévez, na Cultura do País (Lugo)

O lançamento será no dia 9 (20h30) no Lar da Cutura do País (Carril das Hortas, zona de São Roque).

Xosé Estévez é autor dos romances Xoel, Dilois, Talvez un Machista e Morte na Muralla. Como poeta, publicou Vivir, A tua Ausencia non se Apaga, Fóra da Lei e De Ida e Volta.

Fugaz Coincidencia será incluído na programação do clube de leitura da Cultura do País. Este clube iniciou o seu andamento com A Encomendação das Almas, de João Aguiar.

Imagem


Amor de Perdição, em Tuga-Lugo-Lendo

Camilo Castelo-Branco não faltou à cita marcada com os Tuga-Lugo-Lendo, na quarta-feira 31, véspera do Dia de Santos.

Mais de trinta tglgos e tglgas trouxeram Simão, Mariana, Teresa e João da Cruz para a sala número 5 da EOI de Lugo. Comparamos as capas de várias edições da obra e debatemos sobre os primeiros seis capítulos.

A léria foi farta e bem temperada. Em vez dos Ancares, pareceu que da janela se avistavam os horizontes da serra de Valongo e da Gralheira, cortados pelas ribas de Gaia e do Candal, caindo a pique sobre o Douro.

Faltar, faltou apenas um desses caldinhos que tanto fumegam entre as páginas do livro…

Mas as nabiças e as batatas já estão a ferver na ola para a próxima sessão de debate.